
CRONOLOXÍA
2025
A nena do pixama estrelado
Terceiro libro de literatura infantil
2023
A miña amiga invisible
Segundo libro de literatura infantil, xogando coa imaxinación
2022
La insólita cuarentena de Clara Peleteiro
Una sobrecogedora historia en el límite de la ficción y la realidad
2021
La decisión de buscar a Sofía
Novela de suspense en busca de un tiempo perdido
2020
O mundo máxico de Lía
A miña primeira incursión na literatura infantil
2019
2M84
Segunda novela para adultos publicada por Caligrama editorial.
2018
El club de los amantes arrepentidos
Primeira novela para adultos, publicada en castelán por Caligrama editorial.
2014
O Gran Reino: Premio Jules Verne de literatura xuvenil
No 2014 gañei o previo Jules Verne de literatura xuvenil coa obra "O Gran Reino", unha novela na que mesturo fantasía e realidade para enfrontar un tema tan delicado como é o da anorexia na adolescencia.
2013
A Teoría do tempo imaxinario
Segunda novela de ficción científica dirixida ao público xuvenil. As mesmas protagonistas de 2044 seis anos despois, nun mundo onde o real non se distingue do virtual.
2012
2044
Publico a miña primeira novela, unha aventura de ficción científica dirixida ao público xuvenil. Está ambientada nunha cidade occidental no ano 2044, e constitúe unha prospectiva de futuro con propostas arriscadas e enxeñosas.
2044. A crítica:
"2044 constitúe unha moi entretida novela de aventuras futurista, que proporcionará a quen a ela se achegue agradables horas de lectura, convidando a repensar a verdade última do existente de xeito ameno e non por iso menos profundo.” Armando Requeixo. Galicia Confidencial.
“Sorprendeume, e gratamente, este 2044 que supón a carta de presentación na narrativa en lingua galega de Eduardo Santiago". Ramón NIcolás. Caderno da crítica
“Compre recoñecer que 2044 é un relato ambicioso e de coidada ambientación.” Isabel Soto. Faro de Vigo.
“2044 ofrece unha interesante lectura, na que o lectorado mozo se sentirá identificado cos integrantes da panda e se recoñecerá nun contexto moi próximo polas problemáticas abordadas". Isabel Mociño. El correo gallego.
“Fantasía, polo tanto, pero tamén un canto á xenerosidade, á amizade e, desde logo, á esperanza nunhas páxinas que, sen dúbida, conseguen conectar cos lectores.” Lucía Seoane. Faro de Vigo.
“Enganchoume desde a primeira páxina. Gustoume sentir como podería ser a nosa vida cotiá nun mundo dominado pola tecnoloxía, con detalles enxeñosos e sorprendentes". Luisa Martínez Lorenzo (Unidade de Cultura Científica da Delegación Institucional do CSIC en Galicia).
“2044 é un tesouro por descubrir nos andeis das librarías e das bibliotecas. 2044 é un libro que ten un número por título, e iso xa é fantástico dabondo, pero tamén un conto que nos presenta as ciencias e as "mates" como personaxes dignos do noso amor e interese. Non, non estou de broma". Anna Raven. Escritora